Canto se gana cos anuncios de google? Na procura…
set 26

Artículo inspirado en “Desktop Zen - Reducing Visual Clutter on your Desktop” de Ajs blog, pero con algunha nova cousa que me gustaría que todos vírades. Podes facer con el que che pete, utilizar ou descartar o que non creas útil pero a idea e pasar dunha imaxen a outra... 

Image001    Image002

Ou tamén ...

desktop_inicial.jpg

… a esto.

escritorio_limpio5.jpg

Para sacarlle o mellor proveito a Windows, un sistema operativo pouco intuitivo(ainda que está feito para tontos), temos que facer algunhas pequenas modificacions para chegar a facernos a vida un pouco máis fácil.

Consecuencias da desorganización
O máis seguro é que seas como min ou máis ben o que intento deixar de ser, de poñer todo no escritorio, e en lugar de limpialo e borrar o que non necesitas, fas un rego o redor dos iconos para ver o fondo que tes detrás de todos eses archivos, pero o que che pode pasar por ter un escritorio pouco ou nada organizado poden ser:

  • Non encontrar o que buscas
  • Perdelo tempo en buscalas
  • No hai unha lóxica de organización
  • Cando quieras limpialo perderás ainda máis tempo(muitas veces é imprescindible, e se chegache ata aquí, pode que esta sea unha delas)
  • Podes confundirte de onde gardas os tus archivos; si en 'Mis documentos' (por exemplo) ou no escritorio.

Para conseguilo escritorio limpo e organizado que queremos, faremos varias cousas.

Primeiro Paso: Organizar e Limpiar

Tal vez o máis difícil será eliminalo hábito de gardalo todo no escritorio, pero con algun simple consello e esforzo podemos chegar a facelo.

Primeiro de todo, e mui importante que non coloques Iconos de 'acceso directo' para programas no escritorio, hai formas mais fáciles de chegar a eles.

Como comenta 'Avesh Jain' no seu artígo é pouco productivo e unha perda de tempo estar minimizando as fiestras(e non a de masoucos, jeje) para presionar o acceso directo e abrirlo programa (ainda que con Win + D ou Win + M podes aforrar esas accions) hai mellores formas de abrilo programa que queiras en cada momento.

Menú Inicio para acceder aos teus archivos e programas

Hai varias maneiras de non facer esto e o máis común é usar o 'menú de inicio' en donde podes facer varias cousas, na sección A podes colocar os programas que máis usas, simplemente arrastra o icono do programa a área A e xa está feito. Na sección B podes configurar o que a miudo está por defecto como 'mis imágenes', 'conexiones de red', 'impresoras y faxes' e un feixe de cousas que non usas ou as usas unha vez o ano, mellor quitaas, deixao o máis limpo posible(ver fotos).

menu_inicio4.jpg

A sección C , windows actualizaa automáticamente e son os programas que usas moi a miudo. Esta tamén podes configurala indicandolle que cantidade de programas serán listados. Tamén se fai oprimindo o botón dereito do rato sobre o 'menú inicio' e 'propiedades'.

Inicio rápido para acceder aos programas

Esta é unha forma interesante de windows para abrirlos programas ou carpetas, simplemente coloca o acceso directo, e de forma automática empeza a crear un menú dos programas que máis usas presionando na flecha que se ve na imaxen. Pero tes que estar atento e deixar so o número mínimo de programas visibles (máis ou menos 3) que son os que se usarán máis a diario para non ter unha interminable lista de accesos directos.

inicio_rapido2.jpg

Senón queredes ter accesos directos, podedes utlizar Launchy unha aplicación gratuita, lixeira e de código aberto para abrir programas. En Flusser podedes atopar un artigo sobre él; “Launchy: Iniciar programas rápidamente” .

Move os teus archivos dentro da carpeta 'Mis documentos'

A forma máis sinxela de gardar o que descargas de Internet, ou gardar os documentos nos que traballas, é crear o seu respectivo 'folder' para estas dúas principais áreas, e crealo na carpeta dos meus documentos facilita a tarefa, porque en xeral os cadros de diálogos de 'gardar como' teñen un acceso directo a esta carpeta.

Crea a carpeta 'descargas' (downloads). Nesta podes crear subcarpetas por exemplo, de imaxes, comprimidos, torrents, mp3, documentos (.pdf, .doc ou .txt) ou nomeala como ti prefiras. O truco é ter todo máis organizado, ou simplemente garda todo na carpeta raíz, ou sexa, descargas, e despois organiza o que baixes(non recomendable, porque despois non o fas).

Crea a carpeta traballo? todos os teus traballos ou tarefas colócaos nesta carpeta que polo xeral tamén terá subcarpetas para colocar cada proxecto, ou temas se así o prefires.
mis_documentos2.jpg

Tamén podes personalizalas túas carpetas por se queres facer unha distinción visual. Unha maneira pode ser a través de iColorFolder que che permite cambiar a cor as túas carpetas. Se non queres instalar nada, podrías simplemente cambiar o seu icono. Para facelo preme o botón dereito do rato(mouse) sobre a carpeta, despois, onde dice propiedades e a continuación onde di personalizar, no fondo desta fiestra está a opción 'cambiar icono', escolle o que che guste e xa está. Podes colocar por exemplo un icono dunha nota musical para a carpeta de Mp3.

p_carpeta2.jpg

Move o teu escritorio a barra de tareas

Hai varias ventaxas o poner o escritorio na 'barra de tareas', por exemplo, que podes acceder a 'Mi PC' ou a 'Papelera de reciclaje' sen ter que minimizalos programas ou tamén, acceder aos iconos no escritorio.

escritorio2.jpg

Xa falta menos pra ter un escritorio como o da imaxen.

Segundo paso: Personalizalo escritorio

Ocultar iconos de area de notificación

A 'área de notificación' é esa onde se atopa o reloxo. Hai programas que 'por defecto' se minimizan nesa área, pero tal vez, non sea necesario que estean visibles todo o tempo como por exemplo o antivirus ou as actualizacions de windows, que para lograr ocultalo so tes que presionalo botón dereito do mouse na 'barra de tareas', ir a 'propiedades' e presionalo botón de 'personalizar' da 'área de notificación'. Ahí indicas que queres que se oculte, ou que sempre debería estar visible como o reproductor de audio ou o notificador de gmail, por poñer algún exemplo.

ocultar_inf.jpg

Cambialo e organizalo fondo de escritorio

Para terminar sería bon poñer un fondo de escritorio que che guste. Como sempre hai progrmas gratuitos que o fan ( Xchange)  que che permite aplicar algunhos efectos as túas imáxes que planeas usar de wallpaper.

Bueno, esto creo que foi todo por hoxe. Espero as vosas recomendacios para mellorar o artigo, se ten algún erro, se algo non funciona, etc.

Tamén me podedes decir se vos foi útil...

Chuzame! chúzame -

Deixa a túa resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word