nov 12

Primeira das tres entregas da que consta esta miniserie de artigos. Esta primeira unha entrevista a Ricardo Polín, para coñecelo un pouco mellor, neste artigo da voz de galicia e na que fai unha proposta para o nome do colexio ao que parece que lle andan a buscar nome. Na segunda entrega, mañá, unha biografía desa persoa. E a terceira entrega, a votación e as opinions de que che parecería ese nome para o CPI de Castroverde.

Comezamos¡ Este profesor, investigador, historiador e escritor centrado nos estudos filolóxicos e literarios, a etnografía e o Camiño Primitivo. As súas grandes pasions son o eixo da súa obra, a deste escritor e profesor nado entre os ríos Chamoso e Azúmara, na parroquia de Meda.

Ricardo Polín, que ademais de escritor e investigador sigue compatibilizando as súas clases no campus de Lugo e nun Instituto de Vilalba, dise moi marcado polo lugar onde veu ao mundo, santa María de Pena de Castroverde, especie de epicentro fluvial do que parte un río cara a Terra Chá e outro cara para o Corgo e Láncara. Tamén é parroquia de tradición musical e que sempre valorou moito a cultura. «Nun lugar campesiño, hoxe hai cando menos un titulado universitario en cada familia».


Ricardo polín «Estamos fóra da nosa órbita, que é a tradición galego-portuguesa»

Engarza perfectamente a filoloxía, a literatura, a etnografía, o Camiño Primitivo e a recuperación da memoria histórica. «Un dos autores dos que conseguir recuperar a obra completa, que estaba perdida, é o poeta da Terra Chá Francisco de Fientosa, que foi asasinado en Aravaca con so 24 anos en 1936, pouco despois de Lorca, do que era fiel seguidor. Está agardando tamén unha investigación, porque sería conveniente saber onde está»

-¿É un paralelismo grande con García Lorca?

-É un paralelismo moi grande, tanto na vida como na morte. Foi un home que seguiu o estilo de Lorca marcadamente e nomeadamente no mundo da poesía, que rematou cunha morte parella a do poeta andaluz e moi próxima no tempo. Era unha persoa que tiña un futuro brillante no mundo das letras e un dos seus libros fora prologado por Ramón Cabanillas, que era unha institución.

-¿Que é fundamental para manter a cultura propia?

-É moi importante non perder os sinais de identidade, saber ben onde estamos, e sobre todo, non pensar que a cultura urbana ten un peso específico maior que a cultura rural da que vimos. Iso ten sido nefasto nalgúns momentos.

-Vostede centrou os seus estudios en etapas moi concretas pero tamén moi distintas da literatura galega.

-Non sei se foi causal ou se foi o meu destino, pero téñome movido moito polos buratos negros da nosa historia e polos momentos que temos identificado peor, que están desvaidos ou mesmamente que se nos teñen ocultado. Por exemplo, a última etapa do noso medievo é o momento máis catastrófico para a nosa tradición literaria. Tamén me teño movido bastante no campo da literatura galega que se ten feito no século XIX fóra de Galicia, como as tertulias de galegos en Madrid, Curros, etcétera; e téñome movido bastante no mundo dos autores que teñen padecido persecución na posguerra e dos que se ten perdido a súa obra. Teño preparada, e espero que non tarde en saír, toda a obra completa dun autor pastoricense, moi significativo da posguerra: Manuel María González, compañeiro de Manuel María da Terra Chá, morto en Tetuán e do que recuperei a obra completa.

-¿Por que nun determinado momento se perdeu o galego nas clases dominantes en Galicia e non ocorreu o mesmo en Cataluña?

-Aquí colleunos o tránsito cara o dominio de Castela nun momento no que a burguesía galega non estaba afincada e moi rapidamente os nobres galegos foron substituídos por outros traídos de fóra. Ese paso foi decisivo na nosa historia lingüística e cultural, porque se nos ofreceu un modelo alleo. A partir dese momento o prestixio identificábase sistematicamente cos nobres chegados da outra banda.

-¿E xa non se rompeu esa situación?

-Non, e esa é unha das miñas teimas. O noso país quedou a contrapé; estamos fora da nosa órbita histórica e cultural, que é claramente é a tradición galego-portuguesa. O poderoso brazo creativo do Miño e do Douro quedou roto.

Chuzame! chúzame -
set 26

Collo prestado do blog "meu arquivo" este audio para probar o podcast na fiestra. Pero que é o podcast?
O adxetivo que o define é o podcasting(termino procedente do inglés), e consiste na creación de archivos de sonido (mp3 xeralmente) para poder así distribuilo e descargalo de internet, case a carta, xa que a calquera  hora estará dispoñible para escoitar. Incluso o poderás descargar e escoitar no teu mp3, etc. Aquí vos deixo esta poesía...

Click debaixo para escoitar¡¡¡
Download

Unha posible radio por internet? Algunha idea a esta proba?

Chuzame! chúzame -
set 18

A Comunidade de Aragón ven de por en marcha os novos centros de teletraballo en núcleos rurais da súa comunidade mediante tecnoloxía DELTA. Na actualidade xa existen 5 centros deste tipo, de entre 6 e 18 postos de traballo, situados en Laluenga, Berbegal, El Grado, Castejón del Puente y Pozán de Vero, e dado o éxito da proba, xa se queren ampliar a unhos 20 centros na comarca de "Somontano de Barbastro". O proxecto sae coa idea de impulsar o desenvolvemento rural, en pequenos núcleos de población.

DELTA é un sistema de teletraballo que utiliza un entorno de división de tareas e telecontrol, permitindo realizar labores administrativas en centros de traballo remoto.
A primeira experiencia realizouse no municipio do "El Grado", na comarca de Somontano, coa colaboración do Goberno municipal. O proxecto tivo unha duración de un ano e permitiu desenrolar parte da indexación de Rexistros da Propiedade.

Este tipo de proxectos representan unha oportunidade única para poder vivr no rural, e non ter que facer o seu labor profesional nas cidades. Na actualidade, e segundo algún estudio, aproximadamente tres cuartas partes da humanidade viven no mundo rural, no que se require un tercio da enerxía por cápita que require un entorno urbano.

Conclue este estudio, que, "un futuro no que toda a población viva en grandes metrópolis é imposible", polo alto custe de recursos que esto implica.

Mentras eles fomentan o teletraballo, nos dedicamonos o "Lugo xa conecta"(a través dun bus, claro)...

Chuzame! chúzame -
xun 17

 

LUGO XA CONECTA, o autobús interactivo do Concello de Lugo estará á porta da túa casa para ensinarche as vantaxes que ofrece a Administración electrónica.

Lugo@vanza é un proxecto de modernización da Administración local do Concello de Lugo en cooperación con Cervantes, Castroverde,  e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e cumprir os dereitos desta de resolver vía Internet os seus asuntos coa Administración.

A campaña estará en marcha ata o 31 de outubro, de luns a sábado, e visitará 130 parroquias para achegar o mundo das novas tecnoloxías ao medio rural.Así que é o momento de que descubras os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegarlle á túa vida.En castroverde estarán do 10 ao 20 de setembro en:

Días Mes Ubicación
10, 11, 12 e 13 Setembro Centro Urbano (na Praza do Concello)
15 e 16 Setembro Parroquia de Vilabade. Frente á praza da Igrexa e o Pazo de Vilabade
17 e 18 Setembro Parroquia de Montecubeiro (San Cibrao), nas inmediacións da Casa da Cultura
19 e 20 Setembro Parroquia de Miranda

Resulta curioso, tanto os lugares elixidos, coma que neles non chegou aínda Internet, a pesar do que di algunha páxina do ministerio, no que da por feito a cobertura é total no concello., e de feito eso non é así (Córneas, Masoucos, Furís, etc. etc. e outros moitos sitios que de seguro se me olvidan.)

Castroverde conta con con pouco máis de 3.000 habitantes segundo o padrón municipal de 2004  , repartidos en 37 parroquias.

 O datos das parroquias elexidas son(non logro saber o criterio):Montecubeiro  261 habitantes (133 homes e 128 mulleres),Vilabade: 76 habitantes (42 mulleres e 34 homes),Miranda: 69 habitantes (35 mulleres e 34 homes).

Por número de habitantes corresponderíalle a Montecubeiro, Furís e máis a Riomol.  O ranking por habitantes e parroquias é este:Montecubeiro 261, Furís 181, Riomol 146, A Meda 132, Moreira 133, A pumarega 98, O Páramo 96, e Rebordaos 93 habitantes.

Por xeografía tampouco me cuadra, xa que vilabade está moi cerca de castroverde, e tamén está cerca Montecubeiro, polo que non debe de ser ningún deses criterios. Se ti que les o blog e o sabes, podes contarnos a razón, ou explicar unha teoría¡¡E xa sabedes, acudide ao autobus interactivo, de seguro que será interesante¡¡¡¡

Chuzame! chúzame -
xun 11

Blog pirata

Esta é a dirección chamou a miña curiosidade: http://truckstoptalesandotherstories.blogaliza.org/ (xa eliminada por Pedro. ).

Un blog, aparentemente inofensivo cun nome cando menos curioso, como todos os deste estilo. O perigo estaba detrás. Un moi bon reclamo, cun video que nunca termina de cargarse por completo, e debaixo o gancho.

Ao pinchar en calquera dos enlaces da páxina redirixíate a unha segunda pantalla. Esta é a verdadeira pantalla maligna. Ofreciese gustosamente a analizalo ordenador(desconfía se che ocurre esto), encontrando sempre falsas infeccións, invitándote o momento a descargar un fabuloso programa que elimina esas falsas infeccions.

É o chamado XPOnlineScanner.com, o fogar de XP Antivirus Protection, unha das últimas aplicaciones anti-spywareTroyano...

tramposas. XPOnlineScanner.com ofrece un escaneo gratuito con XP Antivirus Protection. Grandioso¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. XP Antivirtus Protection devolve falsos positivos, e mostra falsas alertas de seguridade para engañar e facer que compres XP Antivirus Protection por unha cantidade de diñeiro que varía entre os 30€ e os 50€.

Máis alá do que XPOnlineScanner.com diga, se non sabes onde se almacenou XPOnlineScanner.com, o único spyware co que está infectado es XP Antivirus Protection. Elimina XPOnlineScanner.com, se podes.

Aviso: XPOnlineScanner.com fai sentir ganas de tiralo ordenador pola ventana, non o faga, pódese solucionar. Suerte¡

Chuzame! chúzame -