out 28

Vendo a foto sacada de sinergias, puxenme a escribir da problemática das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación);

O Convenio das TIC, cada día está máis lonxe. 18 meses de negociación tirados a basura, literalmente, perdidos en negociacións por un convenio xusto para Colectivo de Consultoría e empresas TIC. Agardábase que todo transcurrira con normalidade, pero o que sucedeu, e que algunhas das empresas que non estaban na mesa da negociación, e que non estaban ao día do que se iba a firmar, entereraronse no último momento, e paralizaron o proceso.
Son dúas das grandes, INDRA (a cabeza pensante dun monstruo que extende a súa actividade por múltiples sectores e actividades), e IBM, (a ata fai pouco vendedora de pc’s), ás que se sumaron EVERIS (qué decir), IECISA(que aínda aplica os seus traballadores o convenio correspondiente ao Corte Inglés, o dos grandes almacens) e algunha que outra consultora, as que paralizaron o proceso.
Pero, por qué se negaron a firmar ese acordo do novo convenio? A resposta está na súa diversificación cara centros de desenvolvemento de software fora das grandes cidades, donde poden contratar traballadores sen experiencia e ofrecerlles un salario mínimo. Non lles gusta ademais a forma de xestionar ás carreiras

profesionais, con promocions automáticas por antigüedade. Ademáis de non aceptar as 1800 horas anuais traballadas, nin os 30 días naturais de vacacions.

O último convenio que se firmou data do ano 2006, pero é unha chapuza doutros anteriores, sobre todo o do ano 1992, donde existían categorías como ‘Calcador’ e ‘Perforador’, que hoxe en día, evidentemente, non aplican.
Todo un paso atrás para lograr mellorar e dignificar o traballo dos enxeñeiros, e técnicos de informática. Un traballo pouco valorado e cheo de outro moitos problemas, como o instrusismo, etc, etc.

Chuzame! chúzame -
out 22

Gracias a Noe por enviarme esta curiosa forma de aprender a multiplicar por 9 coa soa axuda das mans. Increible¡  Así xa nunca se che olvidará a tabla do nove, aínda que as outra poda que si.

Agrego ademais outro video de como facer multiplicacions con trazos e líneas, un método práctico e orixinal... aínda que pouco recomendable para facelo a cotio.

Chuzame! chúzame -
out 03


Gracias a Jose por enviarme este documental de como se crea o diñeiro.
Está dividido en 5 partes de unhos 10 minutos cada unha, pero para non facelo tan pesado vamos a ver o extracto-resumen desde documental titulado:
El Dinero es Deuda"
Algunhas das frases que forman parte deste documental son:

- El proceso a través del cual los bancos crean dinero es tan simple que la mente lo rechaza. John Kenneth Galbraith

- Algo de lo que hay que darse cuenta sobre nuestro sistema bancario es que, como en el juego de la silla, que jugábamos en la infancia, mientras la música suene no hay perdedores. Andrew Gause, historiador monetario.

- Quien crea que el crecimiento exponencial puede continuar para siempre en un mundo finito es o un loco o un economista. Kenneth Boulding, economista.

- Quien controle el volumen de dinero en nuestro país es el amo absoluto de toda la industria y comercio... y cuando te das cuenta que el sistema entero es tan fácil de controlar de una u otra manera por unos pocos hombres poderosos en la cima, no necesitarás que te expliquen cómo se originan los períodos de inflación y depresión. James Garfield.

Chuzame! chúzame -
set 26

Veñen de enviarme por correo esta foto....

E pensando pensando, recordei que tiña unha foto dun tractor parecido, como non, o "tractor".  O FORDSON SUPER MAJOR(teñen páxina web), unha reliquia para que o teña aínda en uso. O problema deste(foto posterior) xa cada vez máis ferragacho, e o seu estado. Os anos baixo a chuvia, e o tempo que hai que non se move e traballa, fai que non se parezca muito o equilibrista en tractor, pero non coincide a marca?

non é tamén un fordson? E buscando máis imaxes deste super tractor, encontrei estoutro video, do fordson claro, pero estaba enterrado hasta o eixe!!!!!!. O curioso e ver como se inxenian para sair sen 'tirar' por el.

Fordson Super Major

Mundial o primeiro minuto¡¡ Si señor¡¡ Eso son recursos¡ Vaia carballo¡

Chuzame! chúzame -
set 25

Adicado o Enxeñeiro Agrícola que envio esta adiña o meu correo. Felicidades, ou como che gusta a ti... parabens¡¡¡¡ Xa estás capacitado para subir o precio dos creditos de novo, e chupar subvencions a mansalva¡¡ A celebralo¡¡¡¡

Vamos coa adiviña... e antes de nada lee esta advertencia moi importante;
Advertencia: Ten en conta que non hai trampas, non hai cousas escondidas,
todo está á vista.

Algo máis: se non coñeces o exemplo, permíteme unha suxestión. Trata de pensalo só porque vale a pena. En particular, porque demostra que o que cres sobre ti mesmo ao mellor non é tan certo. Ou, en todo caso, é incompleto.

Antonio, pai de Roberto, un neno de 8 anos, sae conducindo desde a súa casa en Santiago diríxese rumbo a Viña del Mar.

Roberto, vai con el.

No camiño prodúcese un terríbel accidente. Un camión, que viña de fronte, sáse da autopista e embiste ao auto de Antonio

O impacto mata instantáneamente a Antonio, pero Roberto segue con vida.

Unha ambulancia de Viña del Mar chega case de inmediato, advertida polas testemuñas, e o neno é trasladado ao hospital.

Nada máis chegar, os médicos de garda comezan a tratar ao neno con moita dedicación pero, despois de intercambiar opinións e estabilizalo, deciden que non poden resolver o problema de Roberto. Necesitan consultar. Ademáis, advirten o risco de trasladar ao neno e, por iso, deciden deixalo internado alí, en Viña del Mar. Despois das consultas pertinentes, comunícanse co Hospital de Nenos de Santiago e finalmente conversan cunha eminencia no tema, a quen poñen en coñecemento do ocurrido. Como todos concordan en que o mellor é deixar a Roberto en Viña del Mar, a eminencia decide viaxar directamente desde Santiago cara alá.

Os médicos do lugar preséntanlle o caso e esperan ansiosos a súa opinión .
Finalmente, un deles é o primeiro en falar: 'Está vostede en condicións de tratar ao neno?', pregunta cun fío de voz.

E obtén a seguinte resposta: - 'Como non o vou tratar se é o meu fillo!'.

Ben, ata aquí, a historia. Está en ti o tratar de pensar unha maneira de que teña sentido. Como non compartimos a habitación, ou onde sexa que esteas, insisto en que non hai trampas, non hai nada oculto. E antes de que leas a solución, quero agregar algúns datos:

Antonio non é o padrastro.

Antonio non é cura.

Agora sí, déixote na compaña da túa imaxinación. Iso sí, suxíroche que leas outra vez a descrición do problema e, creme, é moi, moi sinxelo.

Chuzame! chúzame -