Sobre min…
Nacín a principios dos anos 80 en Castrogreen(Castroverde), vivín na cidade das murallas(Lugo), estudiei en salamanca (ou charrolandia), e como bon galego(emigrei) a Madrid, agora levo un tempo na Coruña( A Capi).
E por suposto, sempre que podo, menos do que me gustaría, vou para a "aldea"(Masoucos) e quizais por eso aprendín a facer cousas como contar as estrelas, respetar a natureza, velo horizonte por onde cada día se pon o sol, etc., etc, entre outras moitas.
Persoalmente non me gusta o mundo no que nos tocou vivir…guerras, contaminación, hipocresía, especulación, egoísmo,… pasa o tempo e non aprendemos nada da historia, ésta repítese unha e outra vez en distintos escenarios e parecidos resultados.
Gusto de formar parte desa minoría (cada vez máis pequena) de persoas que nos gusta axudar a outra xente e a súa vez ser axudado por outros, gústame pensar que se poden cambiar as cousas por moi grande que sexa a parede que hai que saltar.
Nun papeliño di que son informático, máis ben son un inconformista aínda que de vez en cando me guste esto da informática(cada vez máis), pero máis o fai a miña xente é as miñas aficions, como o baloncesto, sempre do breogán, e o futbol, sempre da S.D. Castroverde, ainda que case calquer deporte me guste, bici, futbol sala, etc.
Comezei nesto dos blogs a primeiros de 2006, cando aínda estaba en Madrid, por eso hai unha versión do blog, chamada 'Dende a Terra Extranxeira', non tuvo éxito, que agora se transformou en 'A Fiestra de Masoucos o Mundo', pero foi realmente en 2007 cando mo tomei un pouco máis en serio.
Falo do que me peta cada día, e non sei sobre qué o farei mañá¡ Eso pode ser unha boa razón para visitarme todolos días, ou non¡
Sempre serás benvido, aínda que non che poda ofrecer nada do outro mundo, ainda que sí Agradecerche a túa visita, e recomendarche que volvas canto antes¡
Muitas gracias¡
Atendo en indrajoso@gmail.com, e sen pedir cita previa, todo un luxo¡
Espérote¡
chuzame - 



Replicantes...