Xull 22

A�da no triatlon de Vigo Creo que é a primeira vez que estou de acordo con algún titular do diario, 20 minutos, e é que di: "Lugo recibe con honores a la triatleta Aida Valiño, subcampeona de Europa sub 23"

Así foi, Xosé Antón Bao recibiu a subcampiona de Europa sub 23 de Triatlón, da que dixo que  "levará a bandeira do deporte lucense e do deporte galego por todo o mundo".

Aída dixo estar "moi agradecida" polo recibimento e a felicitación e remarcou que seguira a "loitar" para conseguir aínda mellores resultados e poder estar así "nas seguientes olimpiadas" en Londres 2012.

Despois do recibimento chegou o que mellor se lle da, competir. Arrasou na proba feminina do vixésimo triatlón do Miño, cun tempo de 1.06.53 horas para levarse o triunfo absoluto e sub-23. O segundo posto ocupouno Saleta Castro, con 1.08.14 horas e o terceiro lugar ocupouno Cristina Piñeiro, do Tríatlon Carballo, con 1.31.27 horas.

Non foi a única victoria de Aída senón que tamén se impuxo, fai unhas semanas no Triatlón de Vigo. Esta competición discurría sobre distancia sprint é decir (750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carrera a pie). Subiu acompañada o podio, pola albaceteña Ana López.

Para ver as estatísticas completas do triatlon no río miño... que mellor que utilizar os tempos do amigo junquera novo, non? http://www.championchipnorte.com/externos/20080719213729_XX_TRIATLON_DO_MINO._FEMENINO/femeninoA.htm

Chuzame! chuzame -
Xull 17

Secadra estou a tomar demasiada liberdade para englobarnos a todos nesta afirmación, polo menos a tódolos que leen estas liñas irreais (non vos pensedes tolos por facelo)…pero xa o pensaredes ou me comentaredes.é a vida unha utop�a?Dende o comezo do noso ser, penso, que todos intentamos ser, por unha banda diferentes, destacando nalgo ou por outra parecernos a algo ou alguen para pertencer a un grupo social ou estilo. Quen non dixo algunha vez aquelo de “pois eu cando chegue o momento non vou facer así” aquel día que dixemos que nunca poñeríamos un traxe e o final caes e compralo, coma todos e polo un puto día “torres máis grandes caeron”.

Sempre falando de escapar de tópicos típicos, estudiar, acabar os estudos, atopar moza, atopar traballo, comprar coche, hipotecarse, casarse, ter un ou dous fillos, criar os fillos, estudalos, que empecen a traballar, ser avó… sempre o mesmo.

Que foi daquela arroutada de venres noite cun colega na barra dun bar a falar de vivencias hippies e soños, que sabemos que non tentaremos cumplir pero que quedan moi ben na conversa…

O peor de todo é que cando coñecemos a alguen que vive diferente, ten outras metas na vida, pensa diferente no tocante aTópico? todo o aparentemente importante para nós, chegamos a marxinalo…que non?? Pero si xa o fan os rapaces de 5 anos na escola…

Bueno, deixo esta pequena reflexión aquí, pois agora non a podo continuar, xa que teño que acabar a carreira, buscar traballo, buscar moza, buscar piso, coche… deus!!! Teño todo o importante por facer!!!!

Chuzame! chuzame -
Xull 15

Foron tres etapas, e 150 kilómetros hasta chegar a Compostela. A praza do obradoiro chegaron ademais dos catro tractoresEstado da carroceta de época, (de 24 participantes, so entraron 5, xa que o resto non pediu a tempo a autorización), unha carroceta do exército italiano. Foi o vehículo máis antigo, ano 1936, en chegar a Santiago, e conducida por Antonio Álvarez Gegúndez, que coñecen mellor que naide algún/s usuar@/s deste blog.

Esta carroceta é unha das cen que regalou Mussolini para combater na guerra civil, e que Antonio restourou perfectamente. Atopouna tirada na aira do pequeno lugar de Martul, en Santalla de Oscos. Alí estaba en estado de semi-abandono.

Este modelo subastado polo exército o 25 de Xaneiro de 1954 e con matrícula de Madrid "M-212.856", rematou a súa primeira vida a finais dos anos 70, ata a restauración.

Ésta foi cousa do "gusanillo"(el mesmo o di, no video de abaixo) que fan que este home sempre teña algunha idea, e como non, sempre a leva a cabo. Días e días restaurando, e buscando pezas que xa non son moi habituais, ou directamente fabricadas por el mesmo (menos a lona e o tapizado). Todo un mérito para o seu esforzo.Antonio o lado da carroceta

Estes vehículos quedaron por aquí a principios dos anos 50, e quedaron relegados trala chegada dos vehiculos americanos -Jeep, GMC e Dodge- máis modernos, fixo que estes vehículos foran subastados. A maior parte delas quedaron nas zonas da montaña luguesa e asturiana. A súas reducidas dimensions facíano expecialmente apropiado para os estreitos e complicados camiños e corredoiras. Ademais estes foron os primeros vehículos a motor en chegar a muitos dos reconditos lugares da montaña que ata ese momento so viron pasar os carros polas súas corredoiras.

Non te perdas as súas declaracions. (A partir do minuto 1.25) . En non dudes en poñerte en contacto con él se queres rodar unha película de época!!!!!

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Chuzame! chuzame -
Xull 11

Xa está a volta da esquina o nova campaña, e unha vez máis o castroverde, intentará optar o máximo. Para elo, conseguiu algúns dos mellores xogadores de categorias superiores. Así xa está confirmada a fichaxe de Marcos "GOL" Veiga. O goleador de Bolaño, volve os orixes para liderar o proxecto e conseguir o ascenso.

Pero non é o único, senón que tamén se unen o plantel os gemelo do cádavo. Despois da desaparción do Baleira CF, aceptaron a "oferta" da SD, para desplegar o seu físico no campo da Veiga Do Olmo, a onde chegaran outros reforzos ademais dos 3 xa ditos da segunda rexional, tamén se incorporaran e reforzaran o equipo, outros xogadores da segunda categoría rexional.

E xa por último, as posibles opcions do cartel do -I Trofeo Festas do Santiago- ou -I Trofeo Torneo de Santiago-?? As opcions do cartel... son:

Primeira Opción:Primeira Opción Do Cartel

Segunda Opción: Segunda Opción Do Cartel

Terceira Opción:

Cartel Trofeo 3 Opcion

P.D. Aceptanse melloras...

Chuzame! chuzame -
Xull 09

Segunda entrega do documental O Carro e o Home...

Xocas foi un dos etnógrafos máis importantes de Europa.
Este documento, xunto coa anterior entrega, son documentos de incalculable valor etnográfico (como se facía un carro nos primeiros anos do século XX), como "cantaban" os carros, etc... Narrado por Xocas, de maneira que podemos escoitar como se falaba o galego en Ourense, naquel tempo.

Para saber máis sobre o autor, podes ver:

Máis información sobre Xaquin Lorenzo (Xocas)
http://www.culturagalega.org/especiais/diadasletras2004/
http://www.diadasletrasgalegas.com/2004/vida_xoaquin_lorenzo.php

Chuzame! chuzame -