Abr 14

Nova victoria local no partido disputado onte, no campo da Veiga do Olmo. Desta volta contra o Codesido, que recibiu demasiado castigo, un contundente 7-2.Partido moi vistoso para os afecionados, onde se marcaron nove goles. Cun inicio moi intenso e o Castroverde desarbolando por completo o Codesido, o partido nos primeiros 10 minutos xa estaba tolo, xa se puideran ver tres goles. Dous do ‘goleador’ Rafa, nun partido perfecto, aínda conseguiría outro máis, e outro anulado a Tino, por un fora de xogo que o árbitro pita a rumbo. O Codesido chegou a repoñerse, e así púxose cun peligroso dous a un. Nese momento despregou o seu mellor xogo, e tivo as mellores ocasions, pero non pouido nin tan siquera empatalo partido.

E xa se sabe, o que perdoa acabao pagando, e unha vez máis así foi, o Codesido perdonou as súas mellores ocasions, e o Castroverde aproveitou o rechace dun penalti, por mans dun defensa na área. Albino puxo o tres a un co que se chegou o descanso.

Na reanudación cambio na banda dereita, entra Iván. O partido mantivose igualado nestes primeiros compases da segunda metade, ata que unha falta na frontal, fai que Pere nun lanzamento de falta maxistral, supere por fora da barreira o meta visitante. Catro a dous e o partido xa sentenciado. Momento no que entra César na mediapunta.

Nesa útlima hora, máis goles, tres máis para os locais. Nunha xogada persoal(individualista) Richi vaise de ata cinco defensas, e cando parecía que xa fixera o máis dificil, non marca él o gol, senón que o fai no rechace do último defensa. Un churro de gol. Pouco despois marcará o sexto cesár, nun tiro ca esquerda dende o borde da área a pase de albino. Remata o partido o mellor dos nosos, Rafinha cun gol ca esquerda que pecha a goleada da xornada.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Óscar, 3.-Metadona-Amasadora, 4.-Pere, 5.-Juán, 6.-Héctor, 7.-Albino, 8.-Tino, 9.-Rafa-manteca, 10.-Flipi-Richi, 11.-Nacho. Tamén xogaron co 12.- César, 14.-Iván.

Resultados

S. Ciprián - Sacido 1 – 3
Catro Roldas - T. Miño 1 – 1
Candelaira - Momán 3 – 0
Castroverde - Codesido 7 – 2
Cazas - Meira 1 – 1
Matela - S. Román 2 – 2
Folgueiro - Celta 5 – 0

Próxima ornada

Sacido-Catro Roldas  
T. Miño-Candelaria  
Momán-Castroverde  
Codesido-Cazas  
Meira-Matela  
S. Román-Folgueiro  
Celta-Abadín  
S. Ciprián (descansa)  

Equipo

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 26 20 4 2 68 26 64
2. Sacido 26 19 2 5 74 17 59
3. Folgueiro 26 16 7 3 61 22 54
4. Meira 26 15 6 5 52 42 51
5. S. Román 26 14 5 7 47 34 47
6. Celta 27 12 6 9 49 41 42
7.Candelaria 26
9
6
11
38
41
35
8.Castroverde 26 10 3 13 47 60 33
9. Catro Roldas 26 10 2 14 30 28 32
10. Matela 26 9 5 12 38 50 32
11. Cazas 26 9 3 14 41 62 30
12. Momán 26 7 6 13 28 44 27
13. Codesido 26 6 5 15 37 59 23
14. T. Miño 25 5 5 15 33 52 20
15. Abadín 26 0 3 23 22 87 3
Chuzame! chuzame -
Out 16

Pois lendo a Manuel Gago na entrada sobre castroverde, veume a mente unha nova sección, a de críticas o concello; Con está seccion quero aportar un grao de area para mellorar e facer que se escuite a xente.

E a primeira idea escribea precisamente, manuel, que fala sobre o castelo de castroverde  e di:

castroverde_1.jpg  "Todo el camuflado no contorno semirrural, cun sentido de feísmo que espantaría ao mesmo concelleiro de urbanismo de Carballo. A torre, que se mantén en pé como pode, presenta esta curiosa figura na inaccesíbel porta de entrada."

castroverde_2.jpg

A primeira crítica está feita, e como ven puideche ler vai sobre o feísmo. Se sabes doutras construcións no concello con éste estilo, faino saber, éste é o sitio.

 E tamén, se queres facer pública a túa crítica, so tes que mandar un correo, ou escribir un comentario a esta anotación. Está nas túas mans!

Chuzame! chuzame -