'Unha gran illa dixital na fronteira de Galicia'. Así o anunciou o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, quen tamén fixo entrega dos
pertinentes decodidificadores para que os habitantes do concello da Fonsagrada poidan sintonizar e acceder á ¿nova? forma de televisión.
O día 5 de abril, será cando se realice esta simbólica 'anécdota' do apagón, e é máis, xa ten hasta hora, ás 12:30 comezará na praza do Museo.
A Fonsagrada é o segundo concello en extensión ou superficie do estado, e será o primeiro en deixar de recibir a televisión analóxica, pola súas características orográficas especiales e a dispersión da poboación, e comece a TDT. Será o punto de experimentación para implantalo de maneira masiva en toda Galicia antes do 2010, data na que, ¿será o apagón definitivo?
non sabemos cómo rentabilizala nin qué facer con ela, pero temos que estar na TDT
- os usuarios desexan que se lles permita a interacción e colaboración: convertimonos en consumidores activos, como nos veñen demostrando as diversas plataformas de internet como flickr, youtube, etc… que rentabilizan os contidos xerados polos usuarios con modelos de negocio baseados na publicidade ou en cobrar cuotas por melloras no servizo básico.
- a interactividade pode dividirse en: selectiva (ex: trivial), transformativa (ex: xogos clásicos de ordenador), constructiva (ex: second life). Na última, os xestores da aplicación non diseñan o que o usuario pode facer, senón que o dotan de ferramentas para que el faga. A máis atractiva das interactividades é a constructiva.
Tendo en conta que a TDT permite unha interactividade moi restrinxida (só selección do existente) cabe preguntarse seriamente si a TDT non é unha tecnoloxía fracasada no tocante ó seu uso previsto. Por lexislación, sustitutiva da analóxica, pero fracasada.
Agardemos que non fracase a TDT, que non o faga na súa promesa de interación co
usuario e poidamos disfrutar dunha verdadeira ferramenta de utilidade, e non quedar ca sensación de poder dispor deses medios para outras posibles melloras moi necesarias, por exemplo, nunha rede wifi para as zonas rurais, onde se podería desenvolver a IpTv, ou calquera outra posible a través da rede.
Pero cal será o futuro da TDT para ti? Cres que a TDT é como prometían?
chúzame - 





Replicantes...